Foros
Dende a Asociación EuroEume pensamos que algo tan subxectivo coma a Historia, ten que estar aberto ao comentario e a opinión das persoas interesadas nestas cuestións. Por este motivo habilitamos un Foro no que toda aquela persoa que queira deixar a súa opinión sobre o proxecto de creación do Fondo de Documentación para o Coñecemento do Eume ou máis concretamente sobre algún tema ao que se refiren, por exemplo, as testemuñas recollidas na Hucha dos Saberes, teña a oportunidade de facelo, xa que o obxectivo último do Fondo é facelo interactivo, e que se vaia nutrindo das experiencias e saberes doutras persoas cuxas opinións e testemuñas non aparecen recollidas no Fondo. Este Foro, aberto no marco dos foros de EuroEume, poderá dar cabida ás opinións e propostas sobre o Fondo.

Preme na imaxe para entrar nos foros.

encoro do eume.jpg



Euroeume
Universidade Rural Paulo Freire