Novas
Na actualidade estase a fomentar por parte das institucións públicas a recuperación da memoria histórica (aprobación da Lei de Memoria Histórica), o seu estudo e difusión. Grazas a esta situación prodúcense a cotío novas relacionadas con este tema. Estas son as novas máis recentes relacionadas coa memoria histórica, coa memoria colectiva do noso territorio, de Galicia e de España, nunha palabra co Fondo de Documentación para o coñecemento do Eume:

Categorías:

Nas últimas semanas foron subidas á páxina do Fondo Documental para o Coñecemento do Eume cinco novas montaxes de vídeo. Estas montaxes correspóndense coa segunda parte dos vídeos dedicados á temática dos Usos e Costumes; a terceira e cuarta parte dos consagrados ao Campo e a Fraga e tamén a terceira e cuarta parte dos que teñen como trasfondo fundamental o mundo académico e da Escola.
Nestas montaxes os veciños entrevistados lembran e falan sobre estes tres aspectos fundamentais nas súas vidas, sobre todo no que se refire ás súas infancias, é dicir a época na que tanto os costumes, coma a escola ou a vida no campo eran máis diferentes respecto á actualidade.

Cultura dixitaliza 2.000 cabeceiras impresas en España dende o século XVIII

Ver nova


Entrevista da Voz de Galicia a Manuel Lara Coira, presidente da ASOCIACIÓN GALEGA DO PATRIMONIO INDUSTRIAL «BUXA»

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2009/03/01/0003_7561793.htm

Nova entresacada da Voz de Galicia na que se conta que a biblioteca de Pontedeume crea un fondo local coas imaxes reunidas nunha década.

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2009/02/26/0003_7554644.htm

Ao abeiro da exposición sobre historia local que estos días os máis novos poden visitar na biblioteca municipal, deixámosvos este estupendo traballo concebido como unha ferramenta didáctica a través da que os rapaces poden descubrir diferentes aspectos da nosa historia. Os primeiros poboadores, os castrexos, a romanización, o medievo, a idade moderna e a idade contemporánea son as seis aventuras que os máis novos vivirán guiados por Eume, o protagonista desta historia.

http://www.amigus.org/web/archives/010618.php


Mozos de Ceuta celebran a aprobación da Lei de Memoria Histórica no cementerio de Santa Catalina.


Euroeume
Universidade Rural Paulo Freire