Ligazóns
canalpatrimonio.com

Canal Patrimonio é o proxecto audiovisual, didáctico e interactivo da Fundación Santa María la Real que se serve das novas tecnoloxías da comunicación e da Internet para crear un espazo virtual dedicado por enteiro á difusión e promoción do Patrimonio. Grazas a proxectos coma este demóstrase que a cultura, a arte e a formación non teñen por que deixar de ser atractivos e que supoñen un tipo de contidos altamente demandados pola sociedade.


ahoradosmouros.blogspot.com

Ahoradosmouros é un espazo aberto para falar de patrimonio e cultura. Un espazo vencellado á información sobre os lugares, os monumentos, os obxectos e as persoas. Un espazo dirixido ao diálogo e á opinión sobre os problemas que afectan ao noso patrimonio cultural. Un espazo ceibe onde plantexar propostas, alternativas e proxectos que poden axudar a pór en valor o pouco que nos queda do moito que houbo.


galiciaencantada.com

Esa conformación emana da fonda raigame dos nosos antepasados, os seus costumes, a súa maneira de vivir, as súas crenzas; todo un conxunto de compoñentes que dan lugar ao sagrado edificio da Cultura. É moito o que o mundo rural ten aportado a ese edificio e á vida, en xeral; tamén é evidente que unha grande parte desta aportación está esmorecendo progresiva e implacablemente.


ahoaweb.org

Ahoa (Ahozko Historiaren Artxiboa/Archivo de la Memoria) é o proxecto de creación dun centro destinado á recompilación, conservación e difusión de testemuñas orais e audiovisuais no País Vasco.
O objectivo de Ahoa é a recuperación e preservación da herdanza cultural inmaterial a futuras xeracións, así como a promoción de iniciativas para a creación de fontes orais.


archivodelaexperiencia.es

O Arquivo da Experiencia ofrece protagonismo a un sector da población ata agora pouco favorecido na Internet: os nosos maiores. As súas testemuñas e aportacións crearán un mosaico de contidos que contribuirán á conservación da nosa herdanza histórica.
Porque son as persoas quenes fan un país e son as historias de cada home e de cada muller as que lle confiren unha persoalidade, o Arquivo da Experiencia se convertirá nun importante documento vivo sobre a Historia da España do século XX e en fonte de información esencial para o futuro.


www.archivoymemoria.com

O Portal ArchivoyMemoria nace coa idea de converterse nun punto de referencia para a difusión e recollida de información sobre a construcción da memoria histórica e as súas fontes documentais. O obxectivo é establecer pontes entre historiadores, antropólogos, arquiveiros, especialistas en literatura, bibliotecarios e museólogos, entre outros, que propicien o diálogo entre proxectos de investigación e profesionais da documentación e a arquivística.


www.uniovi.es/AFOHSA

O Arquivo de Fontes Orais para a Historia Social de Asturias promove a recompilación, conservación e difusión do patrimonio oral e inmaterial de Asturias coa finalidade de achegar tanto a investigadores como a interesados un rico caudal de informacións almacenado nas memorias e experiencias dos homes e mulleres protagonistas do noso pasado recente.


historiaoralort.blogspot.com

Blog de Historia Oral con gran cantidade de informacións e ligazóns sobre esta temática.


ohaa.net.au

Asociación de Historia Oral de Australia creada en 1978 cuxos fins son promover as prácticas e os métodos da Historia Oral; educar no uso dos métodos da Historia Oral; establecer discusións acerca de todos os aspectos da Historia Oral e fomentar a preservación das gravacións de Historia Oral.


ahoargentina.com.ar

Os obxectivos da Asociación son: estudo, investigación, docencia e difusión da Historia Oral. Para o cumprimiento destes propósitos propón: constituir un foro académico de discusión e difusión sobre temas relacionados coa Historia Oral, crear unha rede nacional de historiadores orais, realizar encontros, congresos, cursos, conferencias e publicacións a fin de difundir o uso da Historia Oral na República Arxentina; crear un espazo permanente para a implementación destes obxectivos, establecer relacións con outras institucións nacionais e internacionais especializadas na Historia Oral e noutras disciplinas afines.


entresiglos.es

A versión web da revista de historia oral, investigación e recuperación da memoria histórica do instituto público Sefarad de Fuenlabrada (Madrid-España)


www.myyorkshire.org

Todo o mundo ten unha historia que contar. Nesta web axudamos ás comunidades para que cheguen a ser contadores de historias dixitais, coa compaña de museos, bilbiotecas, arquivos - combinando a idade coa vella arte de contar historias.


www.storycenter.org/index.html

Toda comunidade ten memoria de si mesma. Non é unha historia, non é un arquivo, non é unha gravación forzada. A memoria viva, unha conciencia da identidade colectiva tecida con centos de historias.


oralhistory.org

A Oral History Association, fundada en 1966, trata de buscar e reunir a todas as persoas interesadas na Historia Oral como un camiño para coleccionar e interpretar a conciencia e a dignidade da memoria humana.Con membros de todo o mundo, a OHA é útil para unha ampla e diversa audiencia.


ohs.org.uk

As gravacións de Historia Oral, as memorias e sentimentos vivos de todo tipo de xente, son un dos moitos camiños agochados na Historia para crear un cadro moi vívido do noso pasado.


www.consellodacultura.org/arquivos/asg

O Arquivo Sonoro de Galicia desenvólvese como un programa dentro do Consello da Cultura Galega, dun xeito continuado dende 1995 aínda que os seus primeiros traballos comezan en 1992.
O labor esencial do Arquivo Sonoro de Galicia xira en torno á recuperación do patrimonio oral e musical galegos e xorde co propósito último de se converter ou, cando menos, sentar as bases para a creación e posta en funcionamento da necesaria e futura Fonoteca de Galicia.


iohanet.org

A International Oral History Association é un foro para historiadores orais arredor do mundo e un chanzo para a cooperación en todo o concerninte á documentación e á interpretación da experiencia humana.


www.bcn.es/arxiu/arxiuhistoric/welcome.html

O Arxiu Històric de la Ciutat de Barcelona (AHCB) é o centro responsable da custodia, tratamento e difusión da documentación producida polos órganos de goberno da cidade dende a creación do réxime municipal de Barcelona a mediados do século XIII ata finais do primeiro terzo do século XIX, así como doutros materiais arquivísticos, bibliográficos ou hemerograficos de índole e procedencia diversa.


filmotecavasca.com/es

A Filmoteca Vasca fundouse no 1978 co obxectivo de levar a cabo a investigación, recuperación, arquivo, conservación e exhibición de películas ou audiovisuais que sexan de interese para o estudo do cine en xeral e do cine vasco en particular, así como reunir e custodiar a documentación e material técnico cuxa conservación sexa convinte dende o punto de vista cultural ou histórico.


www.h-debate.com

Historia a Debate é unha rede estable que, en tempos de fragmentación, comunica e reúne a historiadores de todo o mundo, mediante actividades presenciais e na rede de redes, dentro e fora das institucións académicas, que busca dinamizar intercambios e contactos multilaterais entre os seus membros máis alá das fronteiras da especialidade e da nacionalidade, das diversas filias e fobias, de calquera ideoloxía pechada.


aeihm.org

A Asociación Española de Investigación de Historia de las Mujeres (AEIHM) fúndase en xuño de 1991 a partir da Comisión Nacional de la FICIHM (Federación Internacional de Centros de Investigación e Historia de las Mujeres) cos obxectivos de coordinar a labor desenvolvida nos distintos Seminarios de Estudos das Mulleres existentes nas Universidades e Centros de Investigación do Estado Español, fomentar a investigación e divulgar os estudos feministas e de Historia das Mulleres a escala nacional e internacional, así como promover a investigación no campo da Historia das Mulleres e de Xénero.


servergis.cesga.es/website/apelidos/viewer.asp

O Instituto da Língua Galega dependente da Universidade de Santiago de Compostela ofrece o servizo da Cartografía dos Apelidos de Galicia. O nome dos apelidos galegos é un patrimonio de carácter inmaterial que cómpre coñecer e conservar entre todos. A través deste servizo pódese ter un achegamento a todos os apelidos das persoas empadroadas en Galicia, a súa frecuencia, a súa densidade por concellos ou a cantidade total.


emakumeak.org/info

O Centro de Documentación de Mulleres púxose en marcha en 1982. O Centro foi o proxecto dun grupo de traballo da Asemblea de Mulleres de Biscaia, preocupado polo arquivo e documentación das ideas e das actividades do Movemento Feminista de Euskal Herria.
O obxectivo deste grupo de voluntarias foi o de crear un espazo para a conservación dun fondo documental que servira de apoio ao coñocemento e ao estudo da situación das mulleres, e onde tamén se potenciara a difusión da información e dos estudos feministas.
O Centro de Documentación, ademais, por medio de doazóns persoais e de adquisicións, foi creando unha biblioteca con máis de 4.570 monografías, unha hemeroteca de revistas especializadas, e unha videoteca con 520 títulos de películas e documentais.


hayfo.com

Rexen a nosa orientación intelectual: a Historia, por canto constitúe o máis sólido basamento das Ciencias Sociais; a Antropoloxía, en canto que se abre á diversidade cultural e á análise comparativa e crítica; e as Fontes Orais, como factor común á Historia Contemporánea e á Antropoloxía, que as emprega dende o seu propio nacemento disciplinar habéndoas convertido no principal dos seus soportes.


http://prensahistorica.mcu.es/

A Biblioteca Virtual de Prensa Histórica é un proxecto en marcha, resultado dun proceso de dixitalización cooperativa do Ministerio de Cultura, as Comunidades Autónomas e outras institucións da memoria, co que se pretende, simultáneamente, preservar e facer accesibles uns materiais bibliográficos que se caracterizan por ser exemplares únicos e, polo tanto, de difícil acceso.


www.patrimonio.org

O patrimonio cultural de Galiza comprende os bens mobles, inmobles e inmateriais de interese artístico, histórico, arquitectónico, paleontolóxico, arqueolóxico, etnográfico, científico e técnico, ademais do patrimonio documental e bibliográfico, os conxuntos urbanos, os lugares etnográficos, os xacementos e zonas arqueolóxicas, así como os lugares naturais, xardíns e parques que teñan valor artístico, histórico ou antropolóxico.


http://ticrural.blogspot.com

Blog da Memoria Val do Ese-Entrecabos



















Euroeume
Universidade Rural Paulo Freire