Fondos
Categorías:

Hucha dos Saberes
Hucha dos Saberes
A Hucha dos Saberes é unha sección que contén unha serie de pequenas montaxes de vídeo nas que diversos habitantes das parroquias do territorio falan dun tema en concreto. As temáticas abordadas nestes vídeos polos veciños do Eume van dende a súa particular visión da escola ou da emigración ata as súas opinións sobre a guerra española e as súas consecuencias entre outras. Estas pequenas montaxes foron elaboradas co material resultante das máis de 170 horas de entrevistas, gravadas en formato DVD, nas que estes veciños nados no territorio antes do ano 1940, falan das súas experiencias vitais.
Euroeume
Universidade Rural Paulo Freire