Presentación
EuroEume promove este proxecto co obxectivo de abrir ao mundo este arquivo da memoria colectiva da poboación do territorio formado polos concellos de Cabanas, A Capela, Moeche, Monfero, Pontedeume, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas e Vilarmaior.

Moitos dos arquivos que conforman este Fondo de Documentación para o Coñecemento do Eume foron presentados en diversos lugares para difundir este proxecto á xente interesada en coñecer o pasado recente do noso territorio, especialmente a aquelas persoas que teñan a intención de facer calquera tipo de investigación de carácter histórico, etnográfico, sociolóxico, etc... relacionada co noso contorno e coas nosas xentes.
Euroeume
Universidade Rural Paulo Freire